mirabilia81

quinta-feira, junho 23, 2005

O PANORAMA SOCIOLINGÜÍSTICO

Despois do primeiro post, que nun traballo habitual serviría como presentación, quero mostrar como pretendo que sexa isto. Así teño que comentar que ese primeiro post pretendía ser unha mostra do que pensa moita xente aínda hoxe en día, unha mostra deses tópicos que aínda perduran e que fan pensar moito na retroevolución do ser humano.
O caso é que o que pretendía era levarvos para unha páxina en que te podías descargar un arquivo cunha gravación da radio, fixéchedelo así? Aquí nun minuto e pouquiño comentábanse unha morea de cousas moi interesentes e que podían pór os pelos de punta a calquera.
Unha vez vista esta presentación o que quero agora é sinalar o panorama que podemos atopar en internet cando se nos dá por querer procurar información deste campo através dun buscador. Coa busca que facemos podemos lograr moitos resultados que nos poden levar a lugares en que podemos ver como está a situación na rede hoxe por hoxe.
Nun primeiro momento temos que darnos conta xa de que neste medio, internet, é o lugar onde máis información podemos atopar, actualizada ou desactualizada, mais está toda. Por este motivo quero facer unha guía turística (por certo que horror, preme, preme!!) que vos achegue un pouco a lugares de boa información neste ámbito.
Para iniciarmos no camiño debemos ter unha ampla visión deste tema, un lugar de referencia para atoparmos cousas de todo tipo relacionadas co tema. Por outra parte, podemos atopar lugares en que se nos amosan datos xerais de estudos sociolingüísticos. Ademais podemos ver outro tipo de estudos máis orientados cara a parte da poboación máis importante e que poden ser vistos desde un punto de vista ou desde outro. Mais tamén atopamos lugares en que se propoñen solucións para cuestións deste tipo.
Así deixo para outro capítulo (quero dicir post) outro tipo de asuntos relacionados con este ámbito. Ánimo coa reflexión que pode suscitar todo isto.