mirabilia81

quinta-feira, junho 23, 2005

NOVAS CATASTRÓFICAS

Nótase que me gustan os títulos que atrapan, mais navegando navegando atopei un lugar en que se daba unha nova realmente catastrófica. Páreceme interesante destacar a data en que apareceu o artigo, xusto despois do día das letras galegas, non sei se por unha causualidade ou cun motivo malicioso e pernicioso para a lingua. Ademais teño serias dúbidas de que a un xornal como este realmente lle interese o galego ou algo relacionado co galego. O que máis semella é que aproveita unha nova que estuda o caso extremis do galego para afianzar a idea da súa morte súbita.
Non sei que opinades pero eu penso que este tipo de novas de prensa o único que fan é reafirmar a importancia do español fronte ao galego e non estaría demais que a tendencia empezase a mudar e fose o galego o protagonista único dos artigos.