mirabilia81

sábado, junho 18, 2005

E POR FIN CHEGOU A GALIPEDIA

Ola a todas, mil desculpas por non ter publicado nada antes pero é que me estiven preparando a fondo e, ademais, baixo presión sempre se traballa moito mellor. En primeiro lugar quero mostrarvos algo do que me sinto moi orgullosa porque pelexei moito para que quedase como eu quería e non había forma. Si, estou a falar da entrada na Galipedia, non pensei que ía ser tan complicado meter na sección que quería o artigo que eu quería, espero que vos guste e que así coñezades un pouco deste autor con tan pouca sona entre o público en xeral. Ademais estiven experimentando algunhas cousas e conseguín facer isto através do meu usuario (proximamente porei un link para isto no artigo).
Nos próximos post que publique centrarei os contidos no mirabiliaoso mundo da sociolingüística. Até pronto.