mirabilia81

domingo, maio 15, 2005

ACHEGÁNDOMONOS Á SOCIOLINGÜÍSTICA COTIÁ

Simplemente quero facervos chegar unha marabilla destas que emiten as ondas radiofónicas de vez en cando como mostra do meu primeiro post para este traballo onde quero ensinar un pouco o que sobre sociolingüística podemos atopar na rede. Collo este primeiro retallo porque penso que vos fará rir bastante e porque é tamén unha mostra da realidade que aínda hoxe existe, é una mágoa pero é así. Para facer a escoita tedes que descargar o arquivo, penso, xa non me lembro moi ben. De todos os xeitos anímovos que paga a pena realmente, eu empregueino no curso que estou dando e saíron comentarios de todo tipo. Bueno isto só é experimental e vou probar como sae. Na próxima se sae isto mal repítoo e se sae ben xa meto outro tipo de asuntos sobre sociolingüística e rede. Biquiños a todas.